Un profesorado especialista que se adapta ao teu nivel e aos teus gustos. Podes elexir entre Piano, Guitarra, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico e Batería. Un espazo preparado para a música no que poderás acadar o nivel que desexes en aulas individuais ou grupáis. Podes complementar a túa formación musical coas actividades de Linguaxe e práctica musical e coa de Agrupación musical.
Linguaxe e práctica musical esta actividade dunha hora á semana axudarate a avanzar máis rápido no teu instrumento. Traballar a lectura musical de partituras, a entonación, coñecer os acordes…Todo o preciso para que ademáis de instrumentista podas ser músico.
Agrupación musical é a actividade para que os instrumentistas de Portobello podan facer música xuntos. Unha vez que te inicies no teu instrumento o profesorado proporate, no momento axeitado, entrar a formar parte dunha destas agrupacións musicáis para que tocar non sexa só cousa dún.

É a actividade de canto de Portobello. Tanto na opción colectiva (para maiores de 16 años), en grupo ata tres estudantes ou na individual, aprenderás o preciso para desenvolver e mellorar a túa voz cantada: respiración, colocación do son, articulación e todos os elementos imprescindiblespara cantar de forma saludable. Cantando desde o primeiro momento.

Teatro os maiores de 17 anos pódense iniciar no mundo do teatro nesta actividade de dúas horas semanáis. A expresión das emocións, a busca de identidades, o recoñecemento de papeis e a preparación dun proxecto teatral nunha contorna segura, axudarán a superar medos.

Baile galego Unha hora á semana de aula para adultos e outra para crianzas nas que aprender desde cero o baile galego, divirtíndose nunha contorna segura onde non pasar vergoña e na que sen te dar de conta, mellorarás a túa psicomotricidade, o teu sentido do ritmo, o teu equilibrio e a túa forma física. Prepárate para sair a bailar nas foliadas do próximo verán.
Iniciación á pandeireta se tes mais de 11 anos este é o teu grupo dunha hora semanal para te introducir na técnica da pandeireta. Unha actividade lúdica en grupo para tocar xuntos e unha das mais desestresantes que che oferta Portobello.

Un programa desenvolvido por pedagogos no que podes atorar tres tipos de actividades.
Portobello kids Unha actividade en grupo dunha hora á semana de 4 a 6 anos de idade na que explorar e melhorar as capacidades expresivas, psicomotoras e musicais a través da escenificación, a aproximación á linguaxe musical e a práctica motora.
Portobello kids voz Suzuki Portobello conta coa primeira titulada nesta metodoloxia para comezar a traballar a voz cantada desde os dous anos de idade. En pequenos grupos de media hora quincenais para estudantado de 2 anos, de 3 a 4, de 5 a 7 e de 7 a 14. Esta modalidade tamén permite grupos familiares de media hora semanal e completar a formación con aulas individuais.
Portobello kids piano Para o estudantado de 6 a 8 anos que se inicia no piano. Un aula en grupo ducha hora á semana desenvolvida especialmente para os máis pequenos.

Portobello dispón de salas para o seu aluguer:
A sala de ensaio está equipada con todo o que podas precisar, instrumental, cableado, mesa de son, microfonía, e amplificadores. Podes optar por reservar ensaios puntuais ou por establecer unha rutina dunha ou dúas sesións semanáis de hora e media.
Consúltanos para ver a dispoñibilidade.
